Realizo este "blog", eu traduciría esa verba por "pequeno caderno de bitácora", no que, coa máxima frecuencia, tento relatar feitos e ideas, fóra do que é o meu traballo diario como Alcalde. É verdade que esa vida profesional, que é a que vivo a diario, vai "contaminar" (influir, marcar...) moito esas ideas, feitos e pensamentos. Gustaríame contar coa complicidade dos "internautas" que o desexen no sentido que estimen oportuno. Só o mutuo respecto e os principios constitucionais marcan os límites.