|
O PLAN DE MOBILIDADE
|
| domingo, 27 de decembro de 2009 |
Días pasados presentouse no Concello o Plan de Mobilidade para o Concello de Lugo, realizado pola empresa “Agencia de Ecología Urbana” de Barcelona que tamén realizou os Plans de Barcelona, Vitoria, O Ferrol e está redactando o de A Coruña. A partir do próximo mes iniciaremos unha serie de foros cidadáns, presididos por aquelas persoas que se designen por consenso entre os membros do Comité Executivo que formaremos os tres partidos que estamos na Corporación. Desexo que nos debates participen moit@s lucenses e que estudien e modifiquen o proxecto. Só será posible se ten un axeitado consenso social e político. Animo a traballar por un documento ambicioso e chegar ao consenso preciso para a súa implantación.
Trátase de construír un Lugo neutro de emisións e unha nova ordenación que reduza a dispersión e fomente o protagonismo do cidadán no espazo público. Este documento responde aos obxectivos que se inclúen na “Estratexia de Medio Ambiental Urbano” e o “Libro Verde del Medio Ambiente Urbano”, aprobados pola “Red de redes para el medio ambiente urbano” e o Ministerio de Medio Ambiente.
Entre as propostas recollidas no plan atópanse as seguintes: 1. Humanizar a cidade e mellorar a súa habitabilidade 2. Aumentar a calidade do espazo público en termos de accesibilidade 3. Reducir o impacto ambiental da contaminación e o ruído nas rúas 4. Mellorar a imaxe visual no contorno da Muralla 5. Redefinir as redes de transporte público de cara a mellorar a eficiencia do sistema en termos de accesibilidade e cobertura 6. Reorganizar o tráfico de forma que o vehículo de paso transite a través dunha rede viaria básica liberando as vías secundarias 7. Consolidar unha rede de bicicletas que estableza unha serie de eixes principais e percorridos, de cara á máxima utilización da bicicleta como medio de transporte urbano 8. Configurar unha rede peonil que minimice a coexistencia do peón co vehículo privado e permita conectar a pé os principais puntos de interese da cidade 9. Identificar as demandas infraestruturais de aparcamento e de espazos necesarios para a xestión de carga e descarga de mercadorías
As propostas potencian os modos de desprazamento máis sostible, é dicir, preténdese reducir o número de viaxes en transporte privado en beneficio do transporte público, a bicicleta e a pé.
Tamén se debuxa un novo espazo público con un reparto para os seus usos e funcións distinto ao actual. Coas propostas, o 46% do espazo público viario destínase ao peón, mentres que hoxe en día o 71% está reservado para os usos do coche. Isto supón que o cidadán se sinta outra vez como tal, xa que volve ocupar a maioría do espazo público sen restricións.
Téndese a un espazo público de gran calidade, con menos ruído, sen tanta contaminación, máis seguro e atractivo e que potencie o contacto e a convivencia entre persoas de calquera idade e condición social. O cidadán xa non é só peón, a rúa xa non é só un lugar de paso, é un lugar sobre todo de estancia e convivencia onde poden desenvolverse a maioría das funcións urbanas e sociais.
|
8 COMENTARIOS |
| Carmen mércores, 30 de decembro de 2009 |
Que todo el mundo tenga una buena entrada en el Año Nuevo.
Felicidades a tod@s y pasarlo muy bien, pero pensando que si se bebe se va uno a pie para casa o se duerme ahí.
Asique, ya sabeis si vais a disfrutar de ese día en Lugo, quedaos a dormir aquí, que es muy bonito y a la mañana siguiente vais a disfrutar más de ella y lo vais a agradecer.
Felicidades a tod@s. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda mércores, 30 de decembro de 2009 |
Felicidades adiantadas de Aninovo para todos/as. Maña é un día para pasalo ben. Pero hai que acordarse das recomendacións o volante, para que non se volva un día triste.
Unha invitación para todos/as que queiran pasar o Fin de Ano en Lugo que é un dos mellores lugares para facelo. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila martes, 29 de decembro de 2009 |
Aúnque ya ha sido, Feliz Día de los Inocentes a todos/as.
|
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda martes, 29 de decembro de 2009 |
O uso do transporte público é moi beneficioso para todos. Ademais de non contaminar tanto, tamén se comparte experiencias con outros usuarios. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila luns, 28 de decembro de 2009 |
Este Plan permitirá que usemos más la bicicleta, bueno, y también nuestras piernas, pero hará que Lugo sea una ciudad más ecológica.
Me parece que un Plan de gran interés y con muchas posibilidades en Lugo.
Creo que el Alcalde apuesta fuerte por nuestra ciudad.
Ánimo con el. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda luns, 28 de decembro de 2009 |
Este plan é moi interesante e vai cambiar o xeito de movernos por Lugo, dunha maneira sorprendente.
|
| Comentario enviado por Sanda |
|
| estudiante domingo, 27 de decembro de 2009 |
Copio do Progreso dixital:
El Lugo del futuro contará con zonas de uso semipeatonal por toda la ciudad. La apuesta pasará también por la creación de una red de transporte público con autobuses lanzadera que conecten toda la ciudad gracias a dos o tres interconectores distribuidos estratégicamente; se trata de unir por bus dos puntos cualesquiera de la ciudad haciendo un solo transbordo de autobús, al estilo de las líneas de metro. "Es mucho más que un simple plan de movilidad, es un plan de ciudad", avanzó el alcalde hace unas semanas.
Si se fai, vai gañar Lugo |
| Comentario enviado por estudiante |
|
| vila domingo, 27 de decembro de 2009 |
| Alcalde, siempre sorprendiendo. Me parece una idea fantástica y un complemento ideal para Lugo. Seguro que acertará, mejor que acertaremos, porque yo voy a participar. |
| Comentario enviado por vila |
|
|
 |