|
AS FRUSTRACIÓNS
|
| domingo, 14 de febreiro de 2010 |
En moitas ocasións escoitamos que vivimos nunha sociedade frustrante. Non vou negar que algunhas veces, existen situacións alleas a nós que nos impiden lograr aquelas metas ou aqueles obxectivos que temos merecido e que por esas circunstancias non acadamos. Pero outras vivimos nun continuo engano. Somos nós os que pensamos que a sociedade ou o outro nos “debe” algo que cremos que merecemos e iso lévanos irremediablemente á frustración.
Por frustración entendo ese estado conflictivo no que se atopa aquela persoa que non obtén o premio ou a recompensa – material ou cualitativa – que cre que lle pertence dun xeito obxectivo polos seus méritos, capacidade ou calidades ou que pola contrarecibe un castigo que considera inmerecido.
Pode ser real, xa que en determinadas ocasións, sobre todo neste mundo tan competitivo que temos feito, a sociedade non premia, se é que ten que facelo, a quen máis o merece ou a quen simplemente o merece, senón a aquel que é capaz de ter arredor de si un “lobby” que ensalza de continuo as súas “bondades” ou sabe presentalas en oropel, cando en realidade son bagatelas.
Pero pode ser causada dun xeito ficticio porque en moitas ocasións non sabemos ser bos xuíces dos nosos actos e cremos que valemos e merecemos máis que os outros e por iso necesitamos e queremos unha recompensa que a sociedade supostamente nos debe. Digo sociedade dun xeito xenérico xa que pode estar representada por persoas individuais ou colectivos particulares dentro desa sociedade.
A frustración, a maioría das veces, xera agresividade, que non ten porque ser física e tampouco ir dirixida dun xeito directo a aquela causa ou persoa que consideramos ser a culpable do noso estado. Moitas veces transfórmase nunha agresividade meramente verbal, por exemplo nun insulto, dirixido, como dicía, non contra do que consideramos o causante real da nosa situación, senón “contra o mundo mundial”. Moitas das autodestrucións teñen que ver coa frustración.
Unha forma desa agresividade verbal, falada ou escrita, ampárase en certa ironía. Os gregos dicían que a ironía era un legado dos deuses e Sócrates foi un usuario exitoso dela xa que forma parte do seu método. Estámonos a referir a esa frustración constante do que cre que ten dereito a ferir a diestro e a siniestro – sobre todo a siniestro- porque se considera que é a verdade e a verdade é el. Porque non analizamos as nosas frustracións e as súas causas?
|
11 COMENTARIOS |
| laura domingo, 21 de febreiro de 2010 |
| Frustrados estamos algúns, cos gobernantes que temos, porque mentras eles están cos bandullos cheos, nos perdemos o traballo.Gustaríame que o sr Orozco pensara en nos, un pouquiño, e lle dixera aos seus concelleiros que se deixen de facer falcatruadas co o noso diñeiro: concertos , bailes, enchentas, charliñas cos temas máis variados que me deixan abraiada, cando penso o que faría eu con eses cartos. |
| Comentario enviado por laura |
|
| gallaecian venres, 19 de febreiro de 2010 |
Frustracions:
- Ver todos os fastuos pola conmemoracion proxima do 10 aniversario da muralla, e ter un tercio dela a escuras.
- Ver a entrada do Camiño de Santiago polo Carril das Flores con mais baches que polos montes polos que transcorre
- Ver como case todolos dias hai incidentes no cruce de Fontiñas co Carril dos Indios por non poñer bolardos para evitar que os coches aparcados non quiten visibilidade.
- Ver como as libretiñas nas que o noso benquerido Sr. Alcalde toma nota dos problemas e logo acumula sen abrir
o demais son contos....
|
| Comentario enviado por gallaecian |
|
| Alan venres, 19 de febreiro de 2010 |
Ayer estuvo en Lugo el Grupo Ella Baila Sola actuándo con motivo del aniversario de la Muralla.
Ya ha empezado el espectáculo. Este año la Muralla se va a vestir de gala, aunque el concello siempre la tiene en cuenta.
Pero este año va a ser indiscutiblemente la protagonista de Lugo.
Hay que aprovechar todas las actividades y espectáculos. |
| Comentario enviado por Alan |
|
| Carmen venres, 19 de febreiro de 2010 |
No se puede criticar porque si, si se quiere criticar que sea con base y con fundamento. No se puede dejar llevar uno por el momento y pensar que va a salir campante.
Llamar la atención por llamar la atención es fácil.
Hai que pensarse las cosas antes de soltarlas, como ha dicho Teresa.
|
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda xoves, 18 de febreiro de 2010 |
Penso que se unha persoa quere que o tomen en serio non debe andar dicindo calquera cousa así como así. Porque senon perde toda a súa credibilidade.
A ver se pensan algo máis o que soltan, antes de indicar cousas falsas porque lles ven en gana.
Estou dacordo contigo Beni. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Teresa xoves, 18 de febreiro de 2010 |
Con lo que ha puesto Beni, se notan las frustracciones de algunos.
Se puede decir que esta persona no sabe ya por donde atacar y comunica cualquier cosa que se le venga en gana. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| beni xoves, 18 de febreiro de 2010 |
Rozas, que papelón. Después de la cafrada que acabas de hacer, junto con las que llevas haciendo, ¡vete ya!:
Copio del Progreso Digital de hoy:
El presidente de la asociación vecinal y cultural del barrio lucense de A Piringalla, Ricardo Varela, desmintió este miércoles la existencia de carreras ilegales en la zona, tras la denuncia que formuló el pasado lunes el concejal del PP Enrique Rozas.
En concreto, Rozas advirtió de que en el barrio lucense se registran este tipo de competiciones "con cierta asuididad" y destacó que en ellas se emplean tanto vehículos como "quads", ante la "pobre" presencia de agentes de la Policía Local. De hecho, subrayó que en torno a las 3.00 horas del sábado se produjo "una verdadera carrera" de coches, en la zona, donde un vehículo embistió a otro que estaba estacionado.
Frente a ello, Varela aludió a "casos puntuales" y garantizó que el barrio de A Piringalla "está muy bien controlado". "La Policía Nacional es la que más patrulla la zona y además, aunque no es su materia, intervienen ante malos estacionamientos o malas maniobras y sí es necesario se lo comunican a la Policía Local que también pasa por aquí, aunque no tan a menudo", puntualizó.
|
| Comentario enviado por beni |
|
| Alan mércores, 17 de febreiro de 2010 |
Creo que las frustracciones a veces las creamos unos mismos.
Pero como dice Teresa estaría bien que algunos contarán hata diez antes de decir las cosas que dicen. |
| Comentario enviado por Alan |
|
| Carmen mércores, 17 de febreiro de 2010 |
En estos momentos las frustraciones de los ciudadanos, o por lo menos de gran parte de ellos, es la crisis.
O más bien que va a pasar el próximo mes, si se va a encontrar trabajo o no, si va a poder tener dinero para pagar o no, etc.
Algunos políticos pienso que también piensan en ello, pero otros simplemente pretenden aprobechar un momento crítico para la sociedad.
Y su frustracción se debe a que la gente se está dando cuenta de ese aprovechamiento.
|
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda luns, 15 de febreiro de 2010 |
Nestes momentos que se están a vivir, creo que hai demasiadas frustraccións, por moitas e variadas causas. Aínda que as veces non sexan moi importantes, pero que xa forman parte dun bucle.
Haber se este ano se poden deixar atras estas frustracións. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Teresa luns, 15 de febreiro de 2010 |
Se debe analizar el porque se está frustrado y a veces el primero que se te pone delante no es con el que tienes que pagarlas.
Además, es bueno contar hasta 10 antes de decir barbaridades debido a la frustracción.
Algún político podría empezar a reflexionar sobre que se debe su cabreo o frustracción, y no pagarla con los mismos así porque sí. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
|
 |