|
ESCOITAR E DIFERENCIAR
|
| domingo, 5 de setembro de 2010 |
Na Política, como noutras esferas da vida, é moi importante escoitar, estar atento, diría que moi atento, á voz dos cidadáns que se expresa de moitas maneiras. Unhas veces directamente, cara a cara a través do contacto diario cos propios veciños no caso da Política Local, facendo que a xente sexa partícipe e actor das políticas a desenvolver, a través das voces dos compañeiros de partido, outras a través das críticas da oposición e outras a través da opinión publicada. Repito que se debe estar atento a esas voces porque verdades absolutas, moi poucas , e en Política, moitas menos.
[Post completo...]
3 comentarios
|
|
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
|
| domingo, 29 de agosto de 2010 |
O Concello de Lugo quere manifestar en primeiro lugar o seu profundo pesar aos familiares de Montserrat polo tráxico acontecemento que está a conmocionar á sociedade lucense.
[Post completo...]
7 comentarios
|
|
DESPOIS DAS VACACIÓNS
|
| domingo, 15 de agosto de 2010 |
Rematei as vacacións estivais deste ano. Foron quince días, con algunha escapada a Lugo para actos oficiais como a firma do protocolo para a estación intermodal, nos que descansei coa familia, pero que serviron tamén para reflexionar sobre os labores dos próximos meses no meu traballo como Alcalde.
[Post completo...]
16 comentarios
|
|
ESTACIÓN INTERMODAL
|
| luns, 2 de agosto de 2010 |
En marzo deste ano fixouse a “folla de rota” do que vai ser a estación intermodal en Lugo. Naquela ocasión tres Administracións, Goberno de España, representado polo ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Política Territorial e o Concello de Lugo, representado pola Alcaldía, xunto con ADIF, chegaron ao acordo de desenvolver e asinar un protocolo que recollese esa vontade de facer a estación intermodal e fixar as abrigas de cada un, así como realizar o proxecto da mesma. Pasaron meses e semanas de negociación e chegouse ao acordo que se asinará o próximo día catro de Agosto. Polo medio algunha interferencia que estivo a punto de atrasar sine die o acordo, de feito atrasouno case 20 días, pero ao final impúxose o sentido común e a coordinación das administracións.
[Post completo...]
19 comentarios
|
|
HAITÍ
|
| luns, 19 de xullo de 2010 |
Este pasado fin de semana Lugo foi a sede de unha Conferencia Europea e Centroamericana para tratar sobre a reconstrucción de Haití. Como todos sabemos este país caribeño sufriu un terrible terremoto o día 12 de xaneiro do ano en curso. Preto de 300.000 mortos e perdas materiais incalculables.
[Post completo...]
20 comentarios
|
 |
|